Certame literario Manuel Otero

certamemanuel

Sigue aberta a convocatoria para o I Certame Literario Manuel Otero Saavedra, un concurso literario de relatos curtos organizado pola AAVV de San Benito e San Sebastián do Porriño, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello do Porriño. Este certame ofrece dúas categorías: por un lado, na categoría infantil poderán participar nenos e nenas de 8 a 12 anos, mentres que na categoría xuvenil participarán os rapaces e rapazas de entre 13 e 18 anos. Ambos, deberán facelo a través de relatos curtos orixinais, de temática libre, en lingua galega, que deberán remitir por email á organización antes do 31 de outubro. O fallo do xurado publicarase a principios de decembro, asignando os premios de 300€ para os gañadores de cada categoría, e un lote de libros para os segundos.

O concurso pretende reivindicar a obra e figura do escritor porriñés

Este certame ten por finalidade a de honrar a memoria do escritor porriñés Manuel Otero Saavedra, divulgar a súa obra e impulsar a promoción da literatura en lingua galega. Otero Saavedra foi un escritor e poeta nacido no Porriño en 1905 e máis tarde emigrado a Arxentina, onde escribiría a súa obra “O Manoliño”, un conxunto de relatos sobre a súa infancia no Porriño. Trátase de relatos que ilustran unha época xa pasada da historia do noso concello, un retrato social da primeira e segunda década do século XX. A organización, a través deste concurso, quere así reivindicar e potenciar a obra e figura deste escritor, actualmente pouco recoñecido dentro o fóra do noso pobo.

Tedes máis información sobre o concurso a través da páxina web da AAVV de San Benito e San Sebastián do Porriño.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s