Grupos de conversa en inglés. 3ª quenda

conversacioningles


Actividade:   Grupos de conversa en inglés.
Contido:  grupos guiados para practicar inglés de conversación.
¿Para quen?:  usuarios adultos, cun nivel medio de inglés.
¿Cando?:   3º Quenda. Martes 4, 11, 18 e 25 de outubro. De 19:00 a 20:00.


 

3º Quenda dos grupos de conversación en inglés (1º en marzo, 2º en maio e a 4º será proximamente en novembro). Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral para os participantes, a través dun grupo de conversa. Non son clases de idioma, senón un espazo no que mellorar os coñecementos e perder o medo a falar, nun ambiente distendido. Os participantes conversarán entre eles, coa guía e o asesoramento dun titor que os corrixirá e guiará ao longo dunha hora. É unha maneira divertida de aprender e mellorar o nivel de inglés.

Os grupos de conversa son unha maneira divertida de perfeccionar o inglés, nun ambiente distendido.

Este grupo de conversación está enmarcado no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño durante o 2016, con un programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entedelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.

Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s