Alfabetización dixital para adultos. Nivel iniciación. Quenda 4

obradoirosalfdigelemental


Actividade: Obradoiro de alfabetización dixital
Contido: formación no uso das TIC. Nivel iniciación. Quenda 4.
¿Para quen?: adultos con poucos coñecementos do uso do ordenador e internet.
¿Cando?: mércores 7, 14, 21 e 28 de decembro. De 10:00 a 11:00.


Xa están abertas as inscrición para a 4º Quenda dos obradoiros de alfabetización dixital para personas adultas, nivel iniciación. Con esta xa serán 4 as edicións desde obradoiro no 2016, organizado co obxectivo de formar no uso das tecnoloxías da información e a comunicación aos nosos maiores. Principalmente destinado a adultos, maiores de 60 anos, cun reducido coñecemento sobre o uso do ordenador e de internet, así como cun baixo aproveitamento do acceso á información que se pode manexar coas novas tecnoloxías, que se beneficiarán desta nova actividade desenvolta para grupos reducidos (non más de 6 persoas por quenda). Nós proporcionaremos portátiles a todos os participantes para a súa aprendizaxe durante a sesión formativa.

Como o resto dos obradoiros de formación no uso das TIC, é necesaria a inscrición previa na biblioteca de xeito presencial, así como ter a condición de socio da mesma. Trátase dunha actividade gratuita e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.

Actividade gratuita, para grupos reducidos

Este obradoiro está enmarcado no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño durante o 2016, con un programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entedelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.

Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s