Grupos de conversa en inglés. 4º quenda

conversacioningles


Actividade: Grupos de conversa en inglés.
Contido: grupos guiados para practicar inglés de conversación.
¿Para quen?: usuarios adultos, cun nivel medio de inglés.
¿Cando?: 4º Quenda. Martes 8, 15, 22 e 29 de novembro De 19:00 a 20:00.


Xa están abertas as inscricións para a 4º Quenda dos grupos de conversa en inglés (1º en marzo, 2º en maio, 3º en outubro). Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral para os participantes, a través dun grupo de conversa. Non son clases de idioma, senón un espazo no que mellorar os coñecementos e perder o medo a falar, nun ambiente distendido. Os participantes conversarán entre eles, coa guía e o asesoramento dun titor que os corrixirá e guiará ao longo dunha hora. É unha maneira divertida de aprender e mellorar o nivel de inglés.

Os grupos de conversa son unha maneira divertida de perfeccionar o inglés, nun ambiente distendido.

Este grupo de conversación está enmarcado no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño durante o 2016, con un programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entedelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.

Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.


One thought on “Grupos de conversa en inglés. 4º quenda

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s