Ruta literaria “Recuerdos porriñeses”

rutaliteraria

Leandro Diz Rey, cronista oficial do Porriño, escribiu o libro “Recuerdos porriñeses” no ano 1956. Con prólogo de José Carrera Domínguez e ilustracións de Antonio Fernández Valverde, esta pequena obra impresa nas gráficas Bolfer realiza un interesante retrato do Porriño a mediados do século XX.

Diz fai un repaso dos lugares e acontecementos máis importantes do noso concello, dividindo a súa obra en dúas partes. Por un lado, vintetrés capítulos dedicados a lugares e acontecementos do centro da vila, e por outro, un capítulo para as restantes sete parroquias do Porriño. Trátase de pequenos capítulos de dúas ou tres páxinas cada un, encabezados polas ilustracións de Fernández Valverde e co acompañamento dalgunhas fotografías da época.

En cada un dos capítulos, o autor realiza unha interesante mistura de historia, anécdotas, lembranzas e vivencias persoais, pasando do erudito dalgunhas informacións ao emotivo doutros pasaxes, do histórico ao popular. Todo elo para conformar unha obra imprescindible non só para coñecer a historia do Porriño e as súas tradicións, senón tamén para somerxirse na vida social e popular dun concello galego na primeira metade do século XX.

Neste ano de 2016, a Biblioteca do Porriño crea esta Ruta literaria “Recuerdos porriñeses”. Nela, cada capítulo do libro corresponde a un marcador xeolocalizado en Google Maps, incluíndo un extracto do texto orixinal, unha recensión do capítulo en cuestión e unha fotografía actual dos lugares descritos por Diz no seu libro hai 60 anos. Así, podemos reflexionar sobre a evolución cultural, social e paisaxística da nosa comunidade, ao mesmo tempo que queremos facer unha homenaxe aos nosos escritores locais.

Accede á Ruta literaria “Recuerdos porriñeses” premendo neste enlace.


2 thoughts on “Ruta literaria “Recuerdos porriñeses”

  1. Parabéns por esta web e pola elaboración desta “ruta literaria” sobre o libro “Recuerdos porriñeses”.
    Supoño que xa o tendes previsto pero, por se acaso, sería estupendo que organizarades rutas guiadas para percorrer esta ruta literaria do Porriño.
    Cumpría revisar a toponimia no mapa onde aparecen os lugares xeolocalizados. Por exemplo, figura *El Castro, en lugar de O Castro; e *La Guía, no canto de A Guía.
    Tamén vin un erro ortográfico na recensión do capítulo 16: *hoco por OCO.
    Moitas grazas.

    Gústame

    1. Ola Eva. Grazas pola achega e pola idea de organizar rutas guiadas. Parécenos moi interesante.
      Queda corrixido o gazapo de oco. Con respecto á toponimia, non se trata dun erro, senón que cada lugar xeocalizado ten o título do capítulo correspondente no libro de Leandro Diz, que usaba o castelán. Usar os títulos orixinais pareceunos unha boa idea de replicar a obra en dixital.

      Un saúdo.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s