Pickingideas: unha app para as ideas inspiradoras

pickingideas

Pickingideas (“Grandes ideas. Pequeno formato”) é unha interesante aplicación española para smartphones Android, moi útil para os amantes da lectura. Permite capturar, gardar e compartir de forma rápida e simple aquelas ideas ou fragmentos de texto que nos resulten útiles mentres estamos lendo. Porque todos coñecemos eses momentos que xorden na lectura, nos que unha frase ou unha idea aparece como de repente e queremos quedarnos con ela para usala no futuro. Pickingideas evita que neses momentos de emoción poidamos rendernos á tentación de subliñar ou dobrar a esquina da páxina para facer unha marca: unha imprudencia capital, se estamos falando de libros dunha biblioteca pública. Tampouco parecen moi prácticas esas notas escritas en calquera sitio que teñamos a man e que invariablemente acabarán traspapeladas.

pickingideas2

O procedemento para recoller unha idea en Pickingideas é ben sinxelo. No momento en que queiramos capturar un fragmento de texto, soamente teremos que usar a cámara do noso móbil para sacarlle unha foto. A aplicación recoñecerá o texto (temos a opción de como imaxe ou con OCR), que poderemos salvar e categorizar, para máis tarde acceder ás nosas ideas gardadas por temas ou categorías. Tamén poderemos personalizalas, plasmándoas nunha tarxeta, escollendo distintos cores ou imaxes para o fondo, o tipo de fonte ou o deseño xeral, para máis tarde compartilas nas nosas redes sociais: todos coñecemos, por exemplo, as típicas frases motivadoras de coaching que soen publicarse en Facebook. Pois a cousa vai un pouco por aí.

Nalgún lugar dun libro hai unha frase agardándonos para darlle un sentido á existencia (Cervantes dixit)

Ademais de ser unha app útil para gardar ideas inspiradoras, ou incluso para o estudo e a investigación, xa que pode interpretarse como o Instagram das citas bibliográficas, Pickingideas funciona tamén como unha rede social, proporcionando unha comunidade arredor das ideas inspiradoras, coa que poderemos compartir facilmente as nosas ideas e interactuar con outros lectores inspirados.

pickingideasmostra
¿Algunha idea inspiradora para compartir?

Á espera de que esta app andaluza se publique en Google Play, podemos acceder a ela en formato beta privada. Para descargala debedes acceder dende este enlace á comunidade privada de Pickingideas en Google+, solicitar acceso e dentro da comunidade cliquear en “Sobre la comunidad” para descargar a aplicación. Tedes máis información a través da súa páxina web, Facebook ou Twitter.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s