Xa está en marcha a terceira edición do Premio literario Nortear-Novos escritores 2017, un concurso para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal que se organiza dentro do Programa Nortear, xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por un lado, a Dirección Rexional de Cultura do Norte polo outro, e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal como organismo aglutinador das dúas fronteiras do Miño.
Entre os obxectivos deste premio destacan os de distinguir anualmente obras literarias orixinais; promover a aparición de novos escritores, incentivando a produción de obras inéditas no ámbito da ficción; incentivar a creatividade literaria entre os xoves escritores residentes na Euro Rexión Galicia-Norte de Portugal; ou o de promover a circulación e distribución de obras literarias por riba das fronteiras.
O premio está dotado con 2.000 € para a persoa gañadora
Se tes entre 16 e 36 anos de idade e naciches ou estás empadroado na Rexión Norte portuguesa ou en Galicia, podes participar no certame, enviando obras orixinais en xénero de relato curto, escritas en lingua galega ou portuguesa, antes do 30 de abril de 2017 á seguinte dirección:
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS – VIGO
arodrigues@gnpaect.eu
O premio está dotado con 2.000 €, o que non é pouco, dado a actual carestía de premios literarios. Ademais, a obra gañadora será publicada nunha tirada bilingüe de 500 exemplares, divulgada e promovida en equipamentos culturais de toda a eurorexión. Tedes máis información aquí e as bases completas de participación no Premio Literario Nortear premendo neste enlace. Así que animádeos a participar. Esta pode servos unha boa oportunidade de lanzarvos á fama ou consolidar a vosa carreira como escritores.