Sorteo: qué mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!

cestanadal

Recuperamos o noso tradicional e orixinal sorteo de Nadal. O premio: unha cesta chea de libros. Así, dende o luns 12 de decembro ata o 5 de xaneiro de 2017, todos os usuarios e usuarias que leven un libro ou película para casa automaticamente entrarán no sorteo dunha gran cesta de Nadal que actualmente xa permanece exposta no mostrador de tránsito da nosa biblioteca. A cesta está composta por varias decenas de libros de distintas materias e para todas as idades, unha nutrida colección de obras para ler ao longo do ano vindeiro, que de seguro farán as delicias da persoa ou da familia afortunada.

A cesta está composta por máis de 40 libros para todas as idades

Con esta actividade, pretendemos ofrecer aos nosos usuarios e usuarias un “agasallo literario”, logo de todo un ano de servizo e complicidade con vós. Facemos uso así deste tipo de populares sorteos navideños, máis propios doutros ámbitos, como un factor dinamizador máis dos servizos bibliotecarios nas datas de Nadal. A persoa agraciada deste singular concurso coñecerase o próximo 9 de xaneiro. Así que sorte a todo o mundo, e a xa sabedes: 1 préstamo=1 participación.


Deixar un comentario