Xa temos fanpage en Facebook!

facebook

Estamos de estrea. Logo de por en marcha a nosa páxina web, e abrir en Youtube, Pinterest e Instagram, xa lle tocaba o turno á principal rede social. Expandímonos, queremos estar presentes onde a xente está presente. Por iso acabamos de inaugurar o noso espazo en Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecadoporrino/

Coa apertura deste novo canal de comunicación temos a intención de crear un espazo máis desenfadado, onde tamén podamos informar, pero sobre todo dialogar e comunicarnos máis directa e bidireccionalmente cos nosos usuarios e usuarias. Na nosa fanpage informaremos sobre actividades, novas e todo o relacionado co mundo do libro e da lectura a nivel municipal: non soamente o que se organice dende a biblioteca, senón tamén dende calquera organismo, institución ou colectivo, sexa público ou privado. Tamén atoparedes información sobre programas e aplicacións de distinto tipo, formación sobre o seu uso, recomendacións sobre libros… Sen saír de Facebook poderás consultar todas as novidades que entran na biblioteca en cada sección (temos incorporados na fanpage os nosos taboleiros de Pinterest) ou enlazar directamente co catálogo.

E moito máis que estamos argallando! Así que non o dubides: se che interesan a lectura e os libros, entra na páxina en Facebook e da Biblioteca do Porriño e dálle a “Me gusta”.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s