Teatro “Os tres porquiños”

porquinoseduca

Este mércores 28 de decembro, ás 18:30 horas no auditorio do Centro Cultural Municipal, e organizada polo departamento de cultura do Porriño, haberá unha representación de teatro infantil. Trátase dun clásico do conto infantil, “Os tres porquiños”, que levará a cabo a recoñecida compañía galega EducaTeatro. A través dunha reinterpretación moderna da obra conducida por un explorador aficionado aos contos, e coa presenza dos personaxes orixinais (os tres porcos e o lobo) a tamaño real, trátase dunha representación na que se tenta a máxima participación do público, que acabará cantando e bailando ao mesmo tempo que se lle transmiten aos máis pequenos valores como o respecto á natureza, a solidariedade ou o valor do esforzo.

Á obra de teatro ten unha duración de 50 minutos, está destinada a público familiar con cativos a partir de 2 anos e a entrada será libre ata completar aforo. Tedes máis información a través de e-cultura.net e na páxina da compañía.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s