Comezamos unha nova sección onde autores e autoras recoñecidas videopresentarán as súas obras en formato de vídeo. Para comezar, temos a honra de contar co amigo e escritor porriñés Diego Giráldez, que presenta “Galería de saldos”, sen dúbida un dos mellores libros en galego do 2016, que sigue arrasando nas librerías e nas bibliotecas. Non vos perdades o vídeo e aproveitade este Nadal para compralo, regalalo e, por suposto, disfrutar léndoo.