Actividade: Grupos de conversa en inglés.
Contido: grupos guiados para practicar inglés de conversa.
¿Para quen?: usuarios adultos, cun nivel básico e intermedio.
¿Cando?: martes entre febreiro-xuño e outubro-novembro. Entre as 18:00-20:15
Inscricións abertas para os grupos de conversa en inglés para o ano 2017. Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral para os participantes, a través dun grupo de conversa guiado e reducido. Non son clases de idioma, senón un espazo no que mellorar os coñecementos e perder o medo a falar, nun ambiente distendido. Os participantes conversarán entre eles, coa guía e o asesoramento dun titor que os corrixirá e guiará ao longo dunha hora. É unha maneira divertida de aprender e mellorar o nivel de inglés.
Os grupos serán reducidos, de 6 persoas como máximo, coa posibilidade de inscribirse en lista de agarda unha vez que se complete o cupo. Trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario ter a condición de persoa socia da biblioteca do Porriño. Para formalizar as inscricións podes vir ás nosas instalacións ou ben chamar por teléfono (986337624).
A diferencia do ano pasado, neste 2017 estableceranse dous niveis de coñecemento (básico e intermedio) e duplicaranse as sesións por cada grupo, co obxecto de crear conxuntos máis estables. As sesións serán os martes entre as 18:00 e 19:00 horas para o nivel básico, e entre as 19:15 e 20:15 para o nivel intermedio. No caso de existir prazas dispoñibles, unha mesma persoa poderá inscribirse nos dous niveis, e, xa que logo, asistir aos dous niveis seguidos dende as 18:00 ata as 20:15.
A periodicidade dos grupos será a seguinte:
- GRUPO 1: martes 7, 14 ,21 ,28 de febreiro; 7, 14, 21, 28 de marzo (básico: 18:00-19:00 / intermedio: 19:15-20:15).
- GRUPO 2: martes 18, 25 abril; 2, 9, 16, 23, 30 maio; 6 xuño (básico: 18:00-19:00 / intermedio: 19:15-20:15).
- GRUPO 3: martes 10, 17, 24, 31 outubro; 7, 14, 21, 28 novembro (básico: 18:00-19:00 / intermedio: 19:15-20:15).
Os grupos de conversa son unha maneira divertida de perfeccionar o inglés, nun ambiente distendido.
Estos grupos de conversa están enmarcados no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño durante o 2017, con un programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entedelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.
Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.
Buenas tardes. Quiero apuntarme a las conversaciones de ingles nivel intermedio.
GústameGústame
Hola, para inscribrirte tienes que llamar por teléfono (986337624) o venir a vernos, en horario de apertura: de lunes a viernes de 8:30 a 20:30.
Gracias y saludos.
GústameGústame