Nada menos que 17 edicións ten xa un dos premios literarios máis importantes da comarca, o Certame literario de relatos curtos “Os viadutos”, organizado polo Concello de Redondela. A convocatoria do 2017 xa está aberta, así que animádevos a participar.
Podes participar se tes entre dezaoito e trinta e cinco anos, cun único texto orixinal, inédito e non divulgado escrito en galego, que teña entre quince e vinte follas máximo a unha cara. O premio está dotado cun primeiro premio de 1.200 € e un segundo de 600 €, coa posibilidade de dous accésits sen dotación económica. Os premios inclúen a publicación da obra seleccionada. As obras deberán ser enviadas antes do 3 de marzo ao Departamento de Xuventude do Concello de Redondela. Tedes máis información sobre este premio literario nas bases de participación.