Mesa redonda sobre políticas de igualdade de xénero

MesaRedonda

Co motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Biblioteca organizou a mesa redonda “Políticas actuais sobre igualdade e violencia de xénero en España”, que tivo lugar no auditorio do Centro Cultural onte, luns 6 de marzo, a partir das 19:00 horas. Moderada pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, a mesa redonda contou coa participación de tres profesionais de excepción:

  • Lourdes Carballo Fidalgo, decana do Colexio de Avogados de Vigo. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten exercido como mediadora e avogada; coordinadora, titora e profesora no Máster de Avogacía do Colexio de Avogados de Vigo/Universidade de Vigo; vogal, vicepresidenta e conselleira do Consejo General de la Avogacía e Decana do Colexio de Avogados de Vigo.
  • Paz Filgueira Paz, maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, leva dezaoito anos na carreira xudicial en distintos destinos, forma parte da asociación “Xuíces para a democracia” e da Comisión de Violencia de Xénero dentro da mesma. Ademais, colabora coa administración pública autonómica para a formación en materia de violencia e de igualdade tanto a funcionariado como a axentes da autoridade.
  • Lola Galovart, maxistrada do Xulgado de Familia de Vigo. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten sido asesora do Defensor del Pueblo, vice Valedora do Pobo, xuíza e maxistrada en distintos destinos, ademais de Socia de Honor de UNICEF, relatora de distintos informes extraordinarios do Valedor do Pobo, co fundadora da asociación polos dereitos da muller ALECRÍN, cofundadora da ONG “Pozos de agua Mayo Rey”, co fundadora da ONG “A las 5. Acción solidaria de Emergencia”. Encabezou a lista do PSOE pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 2015 e 2016. Na actualidade é deputada por Pontevedra polo PSOE e maxistrada en excedencia do Xulgado de Familia de Vigo.

As participantes realizaron unha exposición sobre o seu traballo e unha análise das políticas sobre igualdade de xénero que se levan a cabo actualmente en España, ademais dunha reflexión sobre o problema da violencia de xénero dende a súa experiencia persoal. Logo das exposicións, procedeuse a unha interesante conversa con numerosas preguntas por parte do público asistente.

Coa organización desta actividade, a Biblioteca do Porriño quere contribuír á normalización efectiva dunha igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, á vez que informar e reflexionar sobre a lacra da violencia machista.

Vídeo en:

https://www.facebook.com/plugins/video.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2FConcellodoPorrino%2Fvideos%2F1666836310285254%2F&show_text=0&width=560


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s