Concurso “Reto lector”

Slider-Reto-lector

A Editorial Galaxia pon en marcha o “Reto Lector”, un interesante concurso destinado a fomentar a lectura en galego entre un sector clave da nosa sociedade: os adolescentes e as adolescentes. Para facelo, proponlles aos participantes que tiren rendemento das ferramentas dixitais e do seu potencial como medios de transmisión e difusión lingüística e cultural e se convertan en vloggers (video blogger) literarios, para optar ao premio do “Reto Lector”: un iPad de última xeración, e varios lotes de libros de Galaxia.

¿Como funciona o concurso? Pois se tes entre 12 e 16 anos, despois de ler dous libros da Editorial Galaxia (das series Árbore, Costa Oeste ou Literaria), tes que gravar un vídeo de menos de 2 min. de duración por cada libro, no que comentes o contido dos mesmos, contes que é o que máis che gustou e por que os recomendarías. Logo debes envialos ao mail galaxia@editorialgalaxia.gal e entrarás a formar parte do concurso. Podes envialos ata o día 31 de maio. Logo, un xurado composto por quince nenas e nenos de entre 12 e 16 anos será o que valore todos as propostas fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación.

A rapaza ou rapaz gañador recibirá un Ipad de última xeración. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial para os cinco seguintes clasificados. O fallo do xurado farase público o 12 de xuño. Tedes máis información no seguinte enlace.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s