Os nomes das rúas do Porriño: investigación do IES Pino Manso

OsNomesDasRuas

Hoxe compartimos convosco un interesante documento, froito dunha investigación que hai anos se realizou no IES porriñés Pino Manso e que agora volven a reeditar polo seu 50 aniversario, e a publicar en aberto a través da súa web. Trátase de “Os nomes das rúas do Porriño” (PDF 5Mb), un elaborado estudio toponímico sobre diversas rúas do centro da nosa vila. Esta publicación nacera no seu día como un estudo sobre o que se traballara para a materia de “Proxecto interdisciplinar” (PRIN) de 1º de ESO, no curso 2009-2010, elaborado polos profesores Lourdes Manteiga, Mª del Rosario Sorribas e Xose Ramón Iglesias: documento que hoxe atopamos parcialmente ampliado e mellorado.

A investigación de 56 páxinas, con gran profusión de fotografías, aporta información sobre a conformación urbana do Porriño, a súa historia e evolución, así como a orixe das principais rúas do centro e o significado dos seus nomes, con breve semblanza dos personaxes en recordo dos cales foron bautizadas. Parécenos un documento da máxima utilidade, tanto para o público en xeral como para aquelas persoas e estudantes que queiran profundizar na historia do noso rueiro. Aproveitamos para recordar que sobre o mesmo tema, sobre a toponimia no Porriño, podedes consultar tamén a obra “A Louriña nos seus nomes: (Toponimia do Porriño e Mos”, de Dorinda Castro, Xosé Vidal e Xosé Paz Antón (publicado como suplemento da Revista O Tranvía).

Así que parabéns aos autores e parabéns a este centro educativo que de novo volve a ser un exemplo dun modelo educativo eficaz e comprometido coa nosa localidade. E xa de paso, ¡parabéns polo seu 50 aniversario! ¡Nós tamén estudamos no Pino Manso!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s