Faladoiro sobre Casares con Gustavo A. Garrido

carlosCasares

Dentro das actividades que realizamos ao redor do noso Club de Lectura, que se reúne os luns na Biblioteca do Porriño, o próximo día 10 de abril teremos unha especial, que será aberta a todo o público interesado non sendo necesario ser participante do club para facelo. Xa que este ano celebramos a figura de Carlos Casares no Día das Letras Galegas, o noso club está inmerso na lectura de varias obras desta figura senlleira da nosa literatura, en concreto das súas novelas O sol do verán, Vento ferido e Ilustrísima. Pensamos que sería boa idea profundizar de Carlos Casares aproveitando a efeméride deste ano, razón pola cal organizamos para o próximo luns un faladoiro sobre a figura e a obra de Casares, no que contaremos coa participación do secretario da Fundación Carlos Casares, Gustavo A. Garrido , que tivo a ben aceptar a nosa proposta para achegarse ao Porriño e compartir connosco os seus coñecementos profesionais e persoais sobre Casares. Garrido, ademais dun experto profesional na materia, era gran amigo de Casares, polo que o faladoiro será interesantísimo. Dende aquí os nosos agradecementos, para el e a Fundación, que tamén recolle a noticia da nosa actividade.

A actividade desenvolverase o próximo luns 10 de abril na Biblioteca do Porriño, entre as 18:30 e as 20:00 horas, e como temos dito, será unha actividade aberta para todos os públicos. Animádeos a vir!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s