Espectáculo poéticoVisual con Yolanda Castaño

yolandaWebPNG

¡Organizamos un espectáculo poéticoVisual con Yolanda Castaño! Será o vindeiro martes 18 de abril, cando Castaño, sen dúbida un dos rostros máis coñecidos da poesía galega, porá en marcha na nosa biblioteca o seu espectáculo, cun novo e atractivo xeito de comunicar os seus versos, facéndoos dialogar coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías. Ese día asistiremos a unha moderna posta en escena, capaz de conectar mesmo con públicos pouco versados no xénero poético, a través dun recitado de textos acompañado pola proxección de breves videopoemas e bases musicais. ¡Vai ser espectacular!

Recordemos que Yolanda Castaño é unha das poetisas actuais en galego máis relevantes: máis de vinte anos publicando, e recibindo premios como o Fermín Bouza Brey, o Johán Carballeira de Poesía, o Premio da Crítica, ou o Premio Fundación NovaCaixaGalicia de Poesía. Presentadora de televisión (todos a coñecemos polo “Cifras e Letras” da TVG), crítica literaria en distintos medios, polifacética e multidisciplinar, e comprometida coa dinamización cultural que a levou a pór en práctica distintos proxectos innovadores ao redor da poesía e a expresión artística.

A actividade, con inicio ás 11:45 e unha hora de duración, organizada dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, está dirixida principalmente á mocidade, idealmente para nenos e nenas de 4 a 14 anos; de feito ese día xa nos confirmaron a súa presenza os alumnos e alumnas do IES porriñés Pino Manso. Pero destacar que se trata dunha espectáculo en aberto e para todos os públicos. ¡Convidados quedades!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s