7 libros fiables sobre dietas correctas

dietasWEB

Hoxe 7 de abril celebramos o Día Mundial da Saúde, e facémolo recomendándovos libros que temos na biblioteca sobre dietas e alimentación correcta. Libros moi pero que moi decentes. Porque sabemos que a alimentación é a base da nosa saúde, e que a mala alimentación estase a converter nun dos maiores problemas de saúde ao que se enfronta a nosa sociedade. Cada vez hai máis xente que come mal, e moitas veces tentan solucionalo con dietas milagre que soamente agravan o problema. Hoxe queremos recomendarvos libros sobre boa alimentación, con bos hábitos e dietas con base científica. Aí van catro con carácter xeral e tres que se ocupa da alimentación dos nosos pequechos e pequechas.


Mi dieta cojea, de Aitor Sánchez García (Paidós, 2016)

mi-dieta-cojea-libroAitor García é un gran comunicador e o especialista español en nutrición e dieta con máis seguidores en Internet. Neste libro desterra mitos en relación aos alimentos que consumimos todos os días. O autor desminte certa crenzas no campo da nutrición que todos temos oído e damos por certas, e que soen proceder da falta de información rigorosa e da manipulación da mensaxe publicitaria por parte da industria alimentaria, como por exemplo “É obrigatorio almorzar ben para ter unha dieta saudable” ou “Debemos realizar cinco comida ao día”. Ademais do libro, Aitor Sánchez publica un interesantísimo blog sobre nutrición e dietética co mesmo nome do libro en https://midietacojea.com/.


Lo que dice la ciencia para adelgazar de forma fácil y saludable, de Luis Jiménez (Plataforma, 2015)

Cubierta_lo_que_dice_ciencia.inddJiménez ofrece un libro de divulgación sobre obesidade e nutrición que nos axudará a adelgazar e a ser os nosos propios nutricionistas, grazas aos últimos descubrimentos e investigacións científicas. Baseándose nos últimos estudos, a obra ofrece respostas a preguntas como ¿Realmente que nos engorda e que nos fai adelgazar? ¿Cal é a forma máis saudable de alimentarse? ¿Que outros comportamentos afectan ao sobrepeso e á obesidade? ¿Como se pode adelgazar sen esforzo e manter o peso a longo prazo? ¿Que significa realmente comer ben? ¿Como se deben deseñar e organizar as comidas? Desta forma, o libro de Jiménez nos axudará a esquecernos das dietas extravagantes e os consellos anticuados, seguindo o que realmente di a ciencia sobre o tema.


Lo que dice la ciencia sobre dietas, alimentación y salud, de Luis Jiménez (Plataforma, 2015)

Cubierta_lo_que_dice_ciencia_sobre_dietas.inddOutro libro imprescindible de Luis Jiménez. Aquí atoparemos as respostas que dan os estudos recentes a máis de 75 cuestións fundamentais sobre alimentación e saúde, incluso as máis controvertidas, desterrando mitos e presuncións populares en nutrición. Por exemplo, respóndese ás preguntas ¿Que é unha dieta saudable? ¿E unha dieta equilibrada? ¿Son malas as dietas baixas en carbohidratos? ¿Cantos ovos se poden comer ao día? ¿Engordan o pan, o chocolate, os froitos secos, a cervexa ou o aguacate? ¿O leite provoca cancro? ¿E a carne? ¿Son tan malas as grasas saturadas? ¿Comer máis proteínas adelgaza? ¿Os legumes son saudables? Para non engordar, ¿soamente importan as calorías? ¿É beneficioso o ayuno? ¿Que é mellor para a saúde, adelgazar ou facer exercicio?


El plan revolucionario: alimentos de siempre, preparados como nunca para ganar salud y perder grasa, de Marcos Vázquez (Fitness Revolucionario, 2014)

el plan revolucioarioAínda que este libro non o temos na biblioteca (é un libro dixital directamente vendido polo autor), considerámolo imprescindible porque xa o temos lido. Marcos Vázquez é, sen lugar a dúbidas, un dos maiores e mellores divulgadores en español sobre alimentación e deporte. Dende a súa plataforma Fitness Revolucionario publica artigos interesantísimos, podcasts con entrevistas a expertos, apps, libros, receitas… de todo. Neste libro en concreto expón unha forma de alimentación correcta dende múltiples puntos de vista, ofrecendo solucións prácticas e flexibles a través dun programa de catro semanas para empezar a facelo. Todo cunha rigorosa base científica para os que queiran non soamente adelgazar e gañar en saúde, senón practicamente cambiar a unha vida mellor.


Niños sanos, adultos sanos: la salud empieza a programarse en el embarazo, de Xavi Cañellas e Jesús Sanchis (Plataforma, 2016)

niños sanosSomerxidos na abundancia de alimentos e fármacos, os nosos nenos e nenas son cada vez máis asmáticos, alérxicos, atópicos e obesos. Deixamos de comer comida para comer produtos comestibles. A microbiota intestinal, a alimentación e a xestión do estrés son tres factores clave que debemos coidar para gozar dunha vida san en nenos e adultos. Este libro expón, dende unha perspectiva integrativa, baseándose nos últimos descubrimentos científicos, como a saúde do adulto se programa dende a concepción, pasando polo parto, a lactancia, a introdución dos alimentos e os primeiros anos de vida. Escrito nunha linguaxe sinxela, na que se ofrecen solucións prácticas facilmente aplicables por mamás, papás e profesionais da saúde,e  coas que os menores e adultos gozarán dunha vida máis san.


Niños gorditos, adultos obesos, de María José Martínez (La esfera de los libros, 2006)

ninos-gorditos-adultos-obesosMáis de 3.000 millóns de persoas no mundo teñen sobrepeso e 300 millóns son obesos. Especialmente alarmante é o incremento da obesidade en nenos e adolescentes en países como España, constituíndose como o desorde nutricional máis frecuente nos países desenvolvidos. A OMS cualifica a obesidade como auténtica epidemia do século XXI. A doutora María José Martínez Sopena, pediatra e endocrinóloga, da resposta neste libro a múltiples preguntas sobre a obesidade infantil, como cales son as cantidades recomendadas de enerxía e nutrientes segundo a idade e o sexo, como sente e vive a súa diferencia un adolescente obeso ou cales son as medidas preventivas que poden levarse a cabo.


Se me hace bola: cuando no comen como queremos que coman, de Julio Basulto (Claves, 2013)

se_me_hace_bola_julio_basultoBasulto é sobradamente coñecido por outro dos seus libros sobre nutrición, “No más dietas”, que tamén recomendamos. Nesta ocasión, usando unha visión holística da alimentación e analizándoa dende diferentes prismas, escribe unha guía sinxela e efectiva, á vez que cientificamente documentada, para que os nenos e nenas se alimenten de forma saudable. Non se trata de inculcar, coaccionar ou impoñer, senón de incorporar dentro da casa un patrón de dieta san para que os nosos fillos e fillas aprendan co exemplo. Ademais, este manual responde con rigor e achegamento a todas as dúbidas sobre alimentación que poidan ter os pais e nais a día de hoxe.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s