O próximo luns 17 de abril organizamos unha actividade ao redor da obra porriñesa do arquitecto Xosé Bar Bóo, na que contaremos coa colaboración do seu fillo, Alfonso Bar Blanco. O obxectivo desta actividade é dar as claves para “mirar” doutro xeito as arquitecturas que solemos “ver” de xeito cotián, e pór de relevancia a figura deste arquitecto capital. A visita iniciarase cunha charla na que exporá as ideas crave para entender a obra porriñesa de Bar Bóo, coa proxección de fotografías e modelos dixitais en 3D dos edificios proxectados para o noso concello, tamén os que non chegarían a realizarse, ou se realizaron sen respectar os planos do autor. Despois faremos unha visita aos diferentes edificios de Bar Bóo na vila, deténdonos especialmente na espectacular Praza de Abastos.
En relación con esta actividade, poñemos en marcha unha nova exposición no Recuncho da biblioteca, que como sabedes é un espazo expositivo que se atopa na vestíbulo de entrada á nosa sala xeral. Desta volta Albino deseñou unha exquisita posta en escena, coa reprodución de fotografías coas obras clave de Bar Bóo, e unha selección bibliográfica que analiza a obra e figura do arquitecto vigués. O resultado é impresionante. Botádelle unha ollada cando veñades a visitarnos.