Presentamos a Feira do Libro do Porriño, un gran evento que se realizará na Praza do Concello entre o xoves 11 e o domingo 14 de maio. Por segundo ano consecutivo organizamos esta feira en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, con catro días cheos de actividades como casetas de libros de distintas editoriais e librarías porriñesas asociadas, presentacións de libros e sinaturas, concertos, teatro, monólogos, obradoiros para nenos, etcétera. Todo un amplo programa articulado arredor da animación á lectura e a promoción do libro co que, ao longo dunha semana, Porriño volverá a ser o epicentro galego do libro.
As actividades se levarán a cabo todos os días en horario de 11:00-14:00 e 17:00-21:00 (o xoves só pola tarde), e serán as seguintes:
XOVES 11 DE MAIO:
18:00 Animación á lectura: Nimbo O Argonauta.
O personaxe de animación á lectura que está na nosa biblioteca ao longo de todo o ano, Nimbo O Argonauta, este xoves actuará na Praza do Concello para dar o pistoletazo de saída á Feira do Libro.
19:00 Inauguración da Feira: Concerto da Banda Municipal do Porriño
19:30 Pregón a cargo do escritor e xornalista Diego Giráldez García.
O recoñecido escritor porriñés, Diego Giráldez, autor de “Galería de Saldos” e un dos personaxes máis relevantes da narrativa galega actual, fará de mestre de ceremonias no seu propio pobo.
20:00 Presentación de libro
Presentación do libro “De tu corazón a mi libro” (Editorial Círculo Rojo), de Pablo Piñeiro Taboada e Hugo Sanmartín, a cargo dos seus dous coautores.
VENRES 12 DE MAIO:
11:00 Visita guiada á Feira con Olga Abad.
Os alumnos de centros educativos porriñeses visitarán a Feira acompañados pola popular contacontos Olga Abad, de Intres
12:00 Visita guiada á Feira con Olga Abad.
Os alumnos de centros educativos porriñeses visitarán a Feira acompañados pola popular contacontos Olga Abad, de Intres
18:00 Contacontos: “Babacontos con Carlos Casares”.
A compañía Babaluva Teatro usará as ferramentas da narración oral tradicional para dar a coñecer personaxes e historias de Carlos Casares, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da fantasía, a inventiva e a creación espontánea.
19:00 Contacontos: “Rosalía sae do libro”, con Olga Cuervo
Espectáculo de contacontos coa famosa Olga Cuervo.
20:00 Presentación de libro
Presentación do libro “Un lugar a dónde ir” (Ediciones Destino), de María Oruña, de Contaremos coa súa recoñecida autora e a participación de Javier Arnau.
SÁBADO 13 DE MAIO
11:30 Sinatura de libros: Juan J. Prieto asina “La primera Meiga”
O coñecido autor vallisoletano Juan J. Prieto asina a súa novela “La primera Meiga” na caseta da Libraría Paz.
11:30 Obradoiro: cada libro é unico
Obradoiro para nenos e nenas. Todos os que compren un libro na feira poderán crear a súa propia portada personalizada grazas a este obradoiro.
18:00 Presentación de libro
Presentación do libro “La balada del gato negro”, de Alberto Ladero Lorente.
18:30 Sinatura de libros: Juan J. Prieto asina “La primera Meiga”
O coñecido autor vallisoletano Juan J. Prieto asina a súa novela “La primera Meiga” na caseta da Libraría Paz.
19:00 Presentación de libro
Presentación do libro “Olvídate del cielo” (Editorial Angels Fortune Editions), de Rocío López Núñez, da Seguidamente realizará unha sinatura de libros na caseta da Secretaría.
18:30 Sinatura de libros: Yesica Prol asina “El guardabosques”
A autora ourensana Yesica Prol asina a súa primeira novela “El guardabosques” na caseta da libraría Copy-Rey.
20:00 Concerto acústico e recital poético: Ela e Dylan
Ela e Dylan (Roger de Flor e Maquinarias Teatro) porán en marcha “As flores solitarias”, un espectáculo poético, estético e concerto acústico sobre letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. O fío temático da peza é a muller nas letras e na música de Bob Dylan.
DOMINGO 14 DE MAIO
12:30 Obradoiro: A fábrica de aromas
Obradoiro para nenos e nenas de 4 a 11 anos desenvolto por “Ciencia divertida”. Os participantes divertiranse experimentando cos seus sentidos e realizando as súas propias obras: xabóns de formas divertidas e curiosas, cos seus envoltorios personalizados, pasta de dentes caseira, escumas de cores para baños relaxantes, etc.
18:30 Presentación de libro
Presentación do libro-disco “Volta, Revolta e Reviravolta” (Editorial Galaxia), de Maimiñas, coas súas autoras, e seguidamente gran concerto de Maimiñas para as nenas, nenos e familias.
19:30 Peche da feira: monólogo de Ramiro Neira
O monologuista Ramiro Neira pon o broche da feira co seu espectáculo “Feirantes” que xira arredor de varias historias de “Os outros feirantes”, de Álvaro Cunqueiro.
Awesome blog you havee here
GústameGústame