Proxecto “Cociñar sen glute”

celiaquiaWeb

Dende a Biblioteca do Porriño, en colaboración con ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), poñemos en marcha o programa “Cociñar sen glute“. Trátase dun proxecto baseado en tres actividades distintas: un obradoiro familiar de cociña sen glute, unha exposición bibliográfica sobre enfermidade celíaca e cociña sen glute, e unha guía de lectura sobre o mesmo tema que publicaremos en internet en aberto. Con este proxecto, que desenvolveremos coincidindo co “Día Nacional do Celíaco” (27 de maio), a biblioteca quere sensibilizar e dar a coñecer esta enfermidade, pero tamén aportar formación, información e ferramentas prácticas ás persoas celíacas do noso concello.

OBRADOIRO FAMILIAR DE COCIÑA SEN GLUTE

Obradoiro práctico no que se aprenderán receitas e técnicas, impartido por membros de ADEGA, pensado para familias (pais, nais, nenas e nenos a partir de 6 anos), que se celebrará en instalacións de cociña reais (Centro Multiusos de Torneiros). Celebrarase o martes 23 de maio entre as 17:00 e 20:30 horas.

Obradoiro para un máximo de 40 persoas. Requírese inscrición previa (presencial na biblioteca ou chamando ao noso teléfono 986 337 624). As persoas empadroadas no Porriño terán preferencia sobre o resto.

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA SOBRE ENFERMIDADE CELÍACA E COCIÑA SEN GLUTE

No Recuncho da biblioteca montaremos unha exposición na que presentaremos unha nutrida selección de títulos sobre celiaquía e cociña sen glute. Estará exposta entre o 22 de maio e o 2 de xuño. Esta selección pasará logo a formar parte da colección da biblioteca, para que estea a disposición de todos os usuarios e usuarias interesadas.

GUÍA DE LECTURA

O mesmo día 22 publicaremos en aberto na nosa páxina web e nas redes sociais unha guía de lectura sobre enfermidade celíaca e cociña sen glute, con numerosos recursos sobre o tema, para que poda servir como apoio e información permanente a todas as persoas interesadas.


2 thoughts on “Proxecto “Cociñar sen glute”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s