Hoxe temos de menú:
18:00 Animación á lectura: Nimbo O Argonauta. O personaxe de animación á lectura que está na nosa biblioteca ao longo de todo o ano, Nimbo O Argonauta, este xoves actuará na Praza do Concello para dar o pistoletazo de saída á Feira do Libro.
19:00 Inauguración da Feira: Concerto da Banda Municipal do Porriño
19:30 Pregón a cargo do escritor e xornalista Diego Giráldez García. O recoñecido escritor porriñés, Diego Giráldez, autor de “Galería de Saldos” e un dos personaxes máis relevantes da narrativa galega actual, fará de mestre de ceremonias no seu propio pobo.
20:00 Presentación de libro. Presentación do libro “De tu corazón a mi libro” (Editorial Círculo Rojo), de Pablo Piñeiro Taboada e Hugo Sanmartín, a cargo dos seus dous coautores. Os autores recorreron Galicia escoitando historias de amor, para crear logo un libro cheo de historias de amor reais, contadas polos seus propios protagonistas.