Exposición no Recuncho: Cociñar sen glute

celiaquiaWeb

Inauguramos exposición no Recuncho da biblioteca: “Cociñar sen glute”. Trátase dunha selección bibliográfica de obras relacionadas coa celiaquía e a cociña sen glute, que escollemos en colaboración con  ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), ademais dunha selección de produtos alimenticios para celiacos.

Todo elo dentro do programa “Cociñar sen glute”, que desenvolvemos xuntocon ACEGA. Trátase dun proxecto baseado en tres actividades distintas: un obradoiro familiar de cociña sen glute, unha exposición bibliográfica sobre enfermidade celíaca e cociña sen glute, e unha guía de lectura sobre o mesmo tema que publicaremos en internet en aberto. Con este proxecto, que desenvolveremos coincidindo co “Día Nacional do Celíaco” (27 de maio), a biblioteca quere sensibilizar e dar a coñecer esta enfermidade, pero tamén aportar formación, información e ferramentas prácticas ás persoas celíacas do noso concello.

IMG_20170523_165046_201


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s