Obradoiro: Coidemos o mar, podemos!

seaWeb

Galería fotográfica

Os nosos mares están en perigo, pero nós podemos facer moito para conservalos. A biblioteca do Porriño, sempre sensibilizada co respecto ao medio ambiente, tamén quere contribuír a protexelos, e para iso actúa dende o ámbito da información e a formación. Botamos a andar o obradoiro infantil “Coidemos o mar, podemos!” , que se desenvolverá na biblioteca o luns 5 xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

Para iso contamos con colaboradores de excepción: nada menos que o Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente ao Instituto Español de Oceanografía (IEO), que está a celebrar os seus 100 anos de historia. As investigadoras do IEO, María Sainza e Esther Román, acompañarannos ese día para coordinar esta actividade onde se tentará ensinar, de forma divertida, como COIDAR e CONSERVAR o noso MAR a través  do  coñecemento científico (bioloxía, vida mariña) e da presentación de accións que leven á conservación e sustentabilidade dos mares, evitando a contaminación (plásticos, ecosistemas vulnerables, educación responsable).

Porque coidar os mares é unha tarefa de todas e todos, e podemos facer moito para conseguilo.

Trátase dunha actividade gratuíta e aberta para público infantil entre 8 e 13 anos. Desenvolverase na biblioteca o luns 5 de xuño entre as 18:00 e as 19:30 horas. Para participar é necesario ser socio/a da biblioteca e inscribirse previamente, de forma presencial ou chamando por teléfono (986337624). As prazas son reducidas e cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.

Esta actividade está enmarcada no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño durante o 2017, cun programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entendelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.

Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s