Pequeña & Grande é unha colección de libros infantís que recomendamos moi encarecidamente. Trátase dunha serie de contos para descubrir quenes eran e que lograron as máis grandes mulleres da historia contemporánea. Deseñadoras, pintoras, aventureras, científicas… Mulleres únicas e marabillosas das que aprender e coas que identificarse. Mulleres que converteron pequenos sonos en grandes historias. Exemplos. Unha colección para pequenas e pequenos lectores, pero tamén para personas maiores, que, se cadra, contribúe a disminiuir ese baleiro feminino dunha historia principalmente masculina polo simple feito de que foi escrita por homes.
A colección está publicada con moito gusto pola editorial Alba, nunha edición moi coidada. A autora dos textos é Mª Isabel Sánchez Vergara, mentres que no capítulo das ilustracións atoparemos a diferentes artistas como Bárbara Alca, Alessandra de Cristofaro, Amaia Arraola ou Mariadiamantes. Na biblioteca temos a colección completa de Pequeña & Grande, todos os libros publicados ata agora, e imos adquirindo aqueles que Alba Editorial vai sacando ao mercado periódicamente. Polo de agora, estes son os títulos dispoñibles:
- Coco Chanel / Isabel Sánchez Vegara ; ilustrado por Ana Albero.– Barcelona: Alba, 2014
- Audrey Hepburn / Isabel Sánchez Vegara ; ilustrado por Amaia Arraola.– Barcelona: Alba, 2015
- Frida Kahlo / Isabel Sánchez Vegara ; ilustrado por Gee Fan Eng.– Barcelona: Alba, 2015
- Amelia Earhart / Mª Isabel Sánchez Vegara ; ilustrado por Mariadiamantes.– Barcelona: Alba, 2016
- Marie Curie / Mª Isabel Sánchez Vegara; ilustrado por Frau Isa.– Barcelona: Alba, 2016
- Agatha Christie / Mª Isabel Sánchez Vegara ; ilustrado por Elisa Munsó.– Barcelona: Alba, 2016
- Ella Fitzgerald / Isabel Sánchez Vegara ; ilustrado por Bárbara Alca.– Barcelona: Alba, 2017
- Dian Fossey / Isabel Sánchez Vegara ; ilustrado por Alessandra de Cristofaro.– Barcelona: Alba, 2017