Nova expo no Recuncho: smoothies

smoothies

Como chega o verán e os calores veraniegos, organizamos unha nova exposición no Recuncho da biblioteca centrada en batidos e zumes verdes, os coñecidos popularmente como smoothies. Refrescantes e sans, esta moda alimentaria que xa ten longo recorrido gaña cada día máis adeptos.

Para que non os coñeza, os smoothies son bebidas non alcohólicas cunha base líquida (normalmente auga, leite ou iogur), e preparada a base de anacos de froita, verduras ou hortalizas, que poden ser complementados con xeo, especias, sementes, etcétera. Aínda que os expertos ultimamente indican que non é aconsellable que os smoothies sexan substitutivos de pratos principais, o certo é que son unha opción do máis saudable para calquera momento do día, aportando vitaminas e todos os beneficios das froitas e verduras frescas e crúas. Ademais, hai receitas dabondo para escoller.

Na biblioteca sumámonos á corrente verde e organizamos unha exposición cunha ampla selección de libros sobre batidos e zumes verdes nos estantes do Recuncho, decorada como se merece, para facilitarvos un verán moito máis fresco. Os libros que incluímos son:

  • 1001 zumos y batidos / Autoridades Argenta, Catherine
  • Cómo curan los zumos verdes / Herp,Blanca
  • Batidos y zumos
  • 1001 zumos y batidos / Argenta, Catherine
  • La biblia de los zumos para la salud / Pat Crocker
  • Zumos y otros secretos : zumos y snacks saludables para cada día / Samanta
  • Superfood smoothies / Morris, Julie
  • Zumos verdes / Graimes, Nicola
  • El gran libro de los zumos / Irina Pawassar, Tanja Dusy
  • 100 zumos para cuidar tu salud / Sarah Owen
  • Batidos verdes : smoothies, zumos verdes, leches vegetales
    y recetas con pulpa / Carla Zaplana
  • La biblia de los smoothies para la salud

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s