Grupo de conversa en alemán

alemanWeb

 

¡Xa está activo o grupo de conversa en alemán! Agora si che interesa o idioma alemán, dende a biblioteca botámosche unha man: xa podes vir aos grupos de conversa en alemán que se celebran todos os mércores na biblioteca, entre as 18:30 e as 19:30*. Non tes que inscribirte previamente: soamente tes que presentarte aquí no horario indicado e participar libremente co resto dos participantes.

Esta actividade está dirixida a todas as persoas que xa teñan un certo dominio da lingua alemá, que queiran perder o medo a falar nese idioma, ou simplemente practicar os seus coñecementos nun ambiente distendido e informal. Non se trata de clases de idioma, senón un espazo no que conversar con outras persoas interesadas.

O grupo de conversa en alemán é un proxecto piloto que poñemos en marcha pensando na programación anual de 2018. Polo de agora trátase dun grupo libre, sen presencia de coordinador e para o cal xa contamos con varios participantes. No caso de que a resposta dos nosos usuarios e usuarias sexa axeitada, incluiremos un grupo de conversa coordinado con profesor para a nosa programación de 2018.

*As reunións suspéndense durante o mes de agosto


One thought on “Grupo de conversa en alemán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s