O Porriño no mapa de Fontán

fontanCabecera

Interesantísimo o recurso que o Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Xunta de Galicia, ofrece en aberto dende hai apenas unhas semanas. A través do seu visor xeográfico, nos ofrece a posibilidade de usar o mapa de Domingo Fontán como mapa de fondo para explorar o territorio galego, e, xa que logo, comprender a evolución do noso territorio dende hai 200 anos.

O ilustrado Domingo Fontán (Portas, 1788-Cuntis, 1866) foi unha figura senlleira da nosa historia, creador do primeiro mapa científico e topográfico de Galicia (e o primeiro da súa categoría en España), coñecido como “Carta Geométrica de Galicia”, unha obra que comezaría en 1817 e que realizaría ao longo de 17 anos de traballo.

fontan
O Porriño no mapa de Fontán
fontan2
O mesmo mapa coas redes de transporte actuais

Visualizando o mapa de Fontán, podemos comprobar, por exemplo, como cambiaron as redes de transporte na Louriña. Hai douscentos anos, a principal vía do val non atravesaba as gándaras de Budiño, como o fan as actuais N-550, A-55 e a vía de ferrocarril. Seguindo en parte o trazado do antigo Camiño Real, a principal vía entraba dende Tui pola ponte de Orbenlle, subía por Mosende e Pontellas, e conectaba coa actual N-550 no cruce de Salceda. Outras redes de transporte atravesaban o noso territorio variando o percorrido das que hoxe coñecemos. Invitámosvos a consultar este interesante recurso e botarlle unha ollada a como era o noso territorio hai douscentos anos.

Para empregar o mapa de Fontán no visor xeográfico, debemos seleccionalo na icona “Selección de mapa de fondo” (5º pola dereita), e máis tarde poderemos incluír maior información (redes de transporte, entidades de poboación, espazos naturais…) na icona próxima “Selección de capas”.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s