Recordade que entre o 7 de agosto e o 1 de setembro, ambos incluídos, cambiaremos o horario habitual. A biblioteca pechará polas tardes, pero estaremos abertos polas mañás entre as 08:00 e as 14:00. Trátase dunha modificación excepcional do noso horario, condicionado por necesidades técnicas. Os cambios conducentes a integrarnos na Rede de Bibliotecas-Koha, provocan que teñamos que mover e tratar todos os fondos da biblioteca, realizar modificacións no sistema informático, bases de datos, etc, o que provocará movementos, ruídos e interrupcións no uso do sistema informático. É dicir: atendervos de forma correcta.
O luns 4 de setembro recuperaremos o noso horario de verán habitual: volveremos a estar abertos de luns a venres entre as 08:00 e as 20:00. Desculpade as molestias que este cambio puntual vos poida ocasionar.