Continuamos coa nosa programación de cursos e actividades para 2017, co fin de que a biblioteca siga sendo un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, un servizo público de maior relevancia na sociedade actual. Con este fin acabamos de abrir as inscricións para toda unha serie de cursos e actividades de carácter gratuíto, para os que se require inscrición previa – xa que as prazas son limitadas -, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño. En concreto, algúns dos cursos e actividades que se desenvolverán para o que queda de ano serán as seguintes:
- Club de lectura de adultos, continuamos co noso club que se desenvolve os luns alternos entre as 18:30 e as 20:00. En función das novas solicitudes e de como se mova a lista de agarda, estamos estudando organizar un segundo grupo debido ao éxito desta actividade.
- Club de lectura infantil, para nenos e nenas entre os oito e os doce anos, que se desenvolve os venres alternos entre as 18:00 e as 19:30.
- Grupo de conversa en alemán, os martes entre as 18:30 e as 19:30. Recordamos que para este grupo non se require inscrición previa, simplemente presentarse na biblioteca os días e horas correspondentes.
- Grupo de conversa en inglés, os martes entre as 18:00 e 19:00 (nivel básico) e entre as 19:15 e 20:15 (nivel medio).
- Alfabetización dixital, os mércores entre as 10:00 e as 11:30. Pensado para adultos con coñecementos moi básicos sobre uso de ordenadores.
- Fotografía dixital, para iniciarse no mundo da fotografía dixital e mellorar a vosa técnica, desenvolverase os venres 20 e 27 de outubro, entre as 17:00 e as 20:00.
- Obradoiro infantil de ciencia, que se celebrará o venres 10 de novembro entre as 18:00 e as 20:00 horas.