Incorporamos a colección revisada de “Los cinco”

los_cincoRec

Somos fans de “Los Cinco”, a serie de libros xuvenís da escritora inglesa Enid Blyton. Porque a nosa infancia tamén está marcada polos termos de té e o pastel de jenjibre, aínda que nunca tivéramos a oportunidade de probalos. Gústannos as historias con Ana, Dick, Julián, Jorge e o can Tim, as súas aventuras como detectives, buscando tesouros, resolvendo misterios e desenmascarando a criminais nas súas vacacións na baía de Kirrin.

O que non nos gusta das historias de Blyton é que os rapaces sempre teñan que protexer ás rapazas, que as rapazas sexan sempre as encargadas da cociña e que os malos probablemente sexan xitanos ou negros.

Non xulgamos, tampouco queremos deixar aos nosos usuarios e usuarias sen estas historias tan divertidas, pero pensamos que é responsabilidade dunha biblioteca pública preocuparse por difundir historias que non estean cargadas de estereotipos e tópicos discriminatorios doutras épocas. Por iso aproveitamos que a Editorial Juventud tivo a boa idea de publicar unha edición revisada de “Los Cinco”, onde desaparecen as expresións e os tópicos racistas e misóxinos. Xubilamos a colección antiga e poñemos a vosa disposición a nova colección de 21 volumes para que as vosas fillas e fillos sigan disfrutando ao ler estas entretidas historias, agora liberadas, tamén, de valores pouco respectuosos e democráticos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s