Entre os días 16 e 22 de outubro celebrarase en Vigo a VII edición do Festival Kerouac. Trátase dun interesante evento de poesía e performance no que a arte sae ás rúas, aos museos e aos bares en memoria do xenial Jack Kerouac e a Beat Generation. O festival tenta superar o concepto clásico da poesía, reivindicándoa coma unha linguaxe combinada con outras manifestacións artísticas, e impregnar con ela a cidade de Vigo e os seus habitantes. Despois de seis edicións podemos afirmar que o Festival Kerouac está posicionado como un evento de referencia na escena poética española, ademais se ser un evento ben divertido e orixinal. Recitais, vermús poéticos, performances, flashmobs, poesía escénica, vídeos, música… de todo. Incluso o “Poetry on board”: un recital de versos en barco cruzando a ría de Vigo a Moaña, e de Camposancos a Caminha, ou cruzando o lago Hudson.
Porque hai que destacar especialmente que cada abril o festival salta á outra beira do Atlántico e ten lugar en New York, en varias sedes como son o Instituto Cervantes NY, o famoso Bowery Poetry Club ou a Casa Galicia. Trata así de establecer unha ponte entre institucións, artistas e a arte que se producen en ambas as dúas cidades, Vigo e New York, compartindo escenarios e creacións.
Tedes máis info sobre o Festival Kerouac a través do seu Facebook ou da súa páxina web.