Emocionario: dí lo que sientes é un libro publicado no 2013 pola editorial Palabras Aladas. Un libro infantil que se volveu tremendamente famoso. A obra describe os diferentes estados de ánimo para aprender a identificalos e comunicalos. Así, axuda ás rapazas e rapaces a coñecer as súas emocións e a dialogar sobre os seus sentimentos para poder xestionalos axeitadamente.
Agora, a mesma editorial Palabras Aladas publica online, en inglés e español, e de forma gratuíta, 42 fichas vinculadas ao libro. E as publica para primaria, para infantil, secundaria e bacharelato. Este recurso sirve para profundizar en cada un dos estados emocionais descritos no libro. Nas fichas propóñense, por un lado, actividades que axudan a explorar os textos do libro orixinal dunha forma máis enriquecedora e con maior perspectiva. E, por outro, actividades creativas que convidan a expresar as nosas emocións ou a imaxinar as emocións que experimentan os demais.
Felicitamos á editorial Palabras Aladas pola publicación desde utilísimo recurso que completa á perfección un libro marabilloso.