Onte tivemos a oportunidade de celebrar o Día das Escritoras en inmellorable compaña. Estiveron connosco tres figuras fundamentais da literatura galega actual, como o son Ledicia Costas, María Reimóndez e Fran Alonso. Tamén nos acompañou Diego Giráldez e a alcaldesa, Eva García de la Torre.
Entre todas e todos tivemos unha moi interesante mesa redonda sobre o tema “Mulleres: saber e poder”, que daba título á charla. Recordamos que o “Día das escritoras” é un acto de homenaxe promovido pola Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM), concibido para recordar o legado cultural das escritoras no ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que no pasado impediron un xusto desenvolvemento e recoñecemento á súa labor.
Velaquí algunhas das imaxes que nos deparou o día de onte.