Hoxe visitáronos os alumnos e alumnas do CPI da Ribeira (de Torneiros, O Porriño). E como estamos encantados de que nos visiten rapaces e rapazas tan guays, ata fixemos que se achegara Nimbo “O argonauta” para que lles ensinara a biblio.
Mencionar que periódicamente nos visita o alumnado dos centros educativos da nosa localidade, cos que previamente concertamos visitas guiadas ao noso centro nas que lles ensinamos os diferentes espazos e lles explicamos todos os nosos servizos. Estas visitas son unha grande oportunidade para darnos a coñecer entre a nosa cidadanía e, pensamos, tamén unha eficaz actividade de animación á lectura para os porriñeses e porriñesas máis novas.
Así que ¡sempre sodes benvidos!