Este mes de novembro é o “Mes da ciencia”, e na biblioteca o celebramos convocando un obradoiro de divulgación científica para público infantil, cun tema de enorme importancia e, desgraciadamente, de moita actualidade: os incendios. O suxerinte título é “Salvar a terra dos incendios está nas nosas mans” e se celebrará este venres 10 de novembro entre as 18:00 e as 20:00 horas na biblioteca. Trátase dun obradoiro práctico, dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 13 anos para o que se require inscrición previa (presencial ou no teléfono 986337624).
Dada a catástrofe medio ambiental que temos vivido nas últimas datas, cremos que, dende a biblioteca podemos aproveitar este mes da ciencia para concienciar aos nosos pequenos e pequenas sobre este tema tan importante para a nosa sociedade. A través do obradoiro, impartido por dous profesionais con experiencia, darase a coñecer a riqueza medio ambiental dos nosos solos, e a perda que se produce cando sofren un incendio.
Analizaranse distintos tipos de solo en estado natural (fraga, matogueira, eucaliptal…) e o seu estado tras sufrir un incendio, avaliando os distintos graos de severidade do lume, así como as consecuencias que produce a auga, primeiro sobre chans en estado natural, e despois sobre chans queimados. Tamén se aprenderán técnicas de rexeneración do chan despois dun incendio, algunhas delas incluso moi divertidas.
Recordamos de novo que é necesario inscrición previa, e que está dirixido a un grupo moi reducido de participantes, para así poder aproveitar todas as súas ensinanzas. ¡Así que non vos durmades nos loureiros e anotádevos xa!