Saspi: café con palabras

saspi

Aplaudimos con forza as iniciativas relacionadas coa lectura, e máis se son dentro do noso pobo. Por iso estamos encantados de que a cafetería porriñesa Café Saspi tivese a boa idea de escoller como frase descritiva esa de “Café | Palabras | Historias”, pero sobre todo a idea de expoñer os seus carteis literarios cara as rúas porriñesas.

Periodicamente estas rapazas buscan e escollen algún texto que lles chama a atención (quizais para felicitar o día, para animar o ánimo, elevar o espírito ou, simplemente, para reflexionar e recrearse), escríbeno nunha pizarra e expóeno cara o exterior da súa ventá, acompañado de hashtags. Hai moita, moita xente que sempre se para a ler estas frases: entre elas, nós mesmos. Así que parabéns. Parécenos unha excelente idea de sacar a lectura ás rúas.

Café Saspi:  Rúa Manuel Rodríguez, 13 (O Porriño) | FacebookInstagram

IMG_20171204_153010_813

 


One thought on “Saspi: café con palabras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s