Selección “Destacados do 2017”

seleccionDestacados2017

Se non tedes unha idea fixa sobre que ler, sempre podedes tomar como referencia as nosas seleccións. É tremendo o ben que funcionan estas listas entre os usuarios e usuarias que non veñen cunha idea prefixada na cabeza, e que celebran que a biblioteca lles faga un primeiro filtro. Así que acabamos de incorporar outra nova, con libros que teredes á vosa disposición no mesmo mostrador de tránsito para préstamo rápido. Trátase dos libros “Destacados do 2017“, unha selección das obras máis relevantes que se publicaron ao longo de 2017, segundo a prensa especializada, a opinión dos libreiros ou os números de vendas. Trinta e catro libros en galego e castelán que poderían considerarse os libros do ano.

¿Queres saber os libros que temos seleccionados? Pois consulta a lista do noso catálogo neste enlace.

E lembra que a través da nosa páxina web podes consultar outras moitas listas de libros en diferentes seleccións.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s