OQO filmes

oqofilmes

Somos fans INCONDICIONAIS dos libros ilustrados da editorial OQO. Os súas publicacións arrasan entre os pequechos da biblio. Tamén entre as nais e os pais, ¡e entre nós!, que non podemos resistirnos a darlles unha lectura rápida mentres os estamos a catalogar. Parécenos que teñen unha calidade exquisita, e son un exemplo de que as publicacións para público infantil poden ser soporte dun traballo artístico de primeira liña. Porque se as historias que publica esta editorial son fantásticas, as ilustracións sonche para darlles de comer aparte.

Por iso estamos ilusionados coa versión audiovisual dos contos de OQO, e aínda máis coa idea de ofrecer en aberto parte deles a través de Youtube. Trátase de OQO filmes, un proxecto no que a historia e a proposta plástica ábrense a un novo campo, converténdose en series de animación, películas, aplicacións interactivas, etc destinadas ao público infantil.

OQO filmes parte do libro ilustrado, e utiliza a técnica de animación tradicional Stop Motion para crear un produto audiovisual que sabe a papel. É un gustazo ver os contos de Cocorico, A cousa que máis doe do mundo, Mister Corvo ou Corre, corre, cabaciña en formato de animación.

Así que parabéns pola iniciativa. Podedes visionar este gran traballo da xente de OQO a través do canal Youtube de OQO filmes.

E consultar a súa páxina en Facebook neste enlace.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s