Fixemos varios cambios de espazos, concepción e mobiliario na Sala Infantil da biblioteca, e pensamos que quedaron bastante ben! Agora temos un espazo moito máis amplo para uso e disfrute dos nosos pequechos, incorporando outro tatami no chan e abrindo máis o espazo. Un novo lugar de ocio para os máis pequenos que empezan no mundo da lectura e que veñen á biblioteca acompañados das súas nais e pais, que son moitos. Era unha petición que se nos plantexara fai tempo, e que agora damos resposta. A sala infantil agora é máis infantil (máximo 12 anos), mentres que os nosos usuarios e usuarias de maior idade poden usar normalmente a sala xeral para o estudo, ou o espazo multidisciplinar da entrada para facer traballo colectivos.
Na parte traseira da sala incluímos dúas mesas con cadeiras e sillóns, pensados para a consulta da nosa colección e da comicteca, e a lectura breve. Os caixóns de madeira do fondo, agora serán espazos expositivos onde iremos incluíndo propostas de lectura temáticas para os nosos usuarios e usuarias máis novos: ¡comezamos cunha selección de libros sobre natureza!
Pensamos que estes cambios serán moi positivos para o conxunto dos nosos usuarios e usuarias, e que desta forma solucionamos esta vella demanda, mellorando o servizo. Aí van máis fotos: