Grupos de conversación en inglés 2018

ingles

¿Non che interesa practicar o teu inglés oral, cun titor profesional e de forma gratuíta? Pois arrancamos cos grupos de conversación en inglés do ano 2018.

Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral para os participantes, a través dun grupo de conversación guiado e reducido. Non son clases de idioma, senón un espazo no que mellorar os coñecementos e perder o medo a falar, nun ambiente distendido. Os participantes conversan entre eles, coa guía e asesoramento dun titor que os corrixe e guía ao longo dunha hora.

Unha maneira divertida de aprender e mellorar o nivel de inglés.

Temos dous niveis de aprendizaxe: un grupo de nivel básico e outro grupo de nivel medio. As sesións celébranse na biblioteca os martes entre as 18:00 e 19:00 horas para o nivel básico, e entre as 19:00 e 20:00 para o nivel intermedio. No caso de existir prazas dispoñibles, unha mesma persoa pode inscribirse nos dous niveis, e, xa que logo, asistir aos dous niveis seguidos dende as 18:00 ata as 20:00.

Os grupos son reducidos, de entre 6 e 10 persoas como máximo, coa posibilidade de inscribirse en lista de agarda unha vez que se complete o cupo. Trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario ter a condición de persoa socia da rede de bibliotecas de Galicia, e teñen preferencia as persoas empadroadas no Porriño. Para formalizar as inscricións podes vir ás nosas instalacións ou ben chamar por teléfono (986337624).

A periodicidade dos grupos será a seguinte:

  • nivel 1:
    • Grupo 1: martes 6, 13, 20, 27 febreiro e 6, 13, 20, 27 marzo (18:00-19:00)
    • Grupo 2: martes 3, 10, 17, 24 abril e 8, 15, 22, 29 de maio (18:00-19:00)
    • Grupo 3: martes 9, 16, 23, 30 outubro 6, 13, 20, 27 novembro (18:00-19:00)
  • nivel 2:
    • Grupo 1: martes 6, 13, 20, 27 febreiro e 6, 13, 20, 27 marzo (19:00-20:00)
    • Grupo 2: martes 3, 10, 17, 24 abril e 8, 15, 22, 29 de maio (19:00-20:00)
    • Grupo 3: martes 9, 16, 23, 30 outubro 6, 13, 20, 27 novembro (19:00-20:00)

Os grupos de conversa son unha maneira divertida de perfeccionar o inglés, nun ambiente distendido.

Esta actividade está enmarcada no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño durante o 2018, con un programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entedelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.

Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.


2 thoughts on “Grupos de conversación en inglés 2018

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s