Biografías que molan

biografias

Poñemos en marcha unha nova selección: “Biografías que molan“. Por que o facemos?  Porque se trata dun xénero que non soe ter moito movemento, e pensamos que temos libros biográficos estupendísimos, e queremos darlles visibilidade. Que os coñezades.

Pode que os nosos usuarios e usuarias sigan pensando nas biografías soamente como as típicas vidas de Napoleón, Cleopatra ou Carlos V. Sen embargo non é así: dentro das biografías hai obras divertidísimas, amenas, sobre grandes e interesantes vidas de personaxes fascinantes que non teñen que ser reis ou escritoras: hai músicos contemporáneos, axitadores, magos, investigadores, loitadoras, científicas, etc. con libros biográficos que poden ser máis divertidos que a narrativa. E dos que podemos extraer grandes ensinanzas. Ademais, que esas historias teñan sido reais dálle un punto máis de interese ao libro.

IMG_20180214_142552797

Unha nova selección con libros sobre historias persoais fascinantes

Queremos darlle visibilidade a estas obras que, pensamos, poderán entusiasmarvos, e así creamos esta selección que estará dispoñible nun lugar destacado da sala de consulta, substituíndo á selección “Buen rollito” á que tanto partido lle teñen sacado as nosas usuarias e usuarios. Tedes a listaxe completa destas biografías neste enlace do catálogo.


¿Queredes saber algúns exemplos destas biografías?

Músicos carismáticos como Patti Smith (Éramos unos niños) o Neil Young (El sueño de un hippie).

Aventureiros como Eduardo Rejduch (Hasta donde me lleve el viento) o Chris McCandless (Hacia rutas salvajes).

Pensadores como Thoreau (Walden), Oliver Sacks (En movimiento) ou Christopher Hitchens (Hitch-22).

Científicas como Jane Goodall (Gracias a la vida).

Emprendedores como Steve Jobs (Steve Jobs: la biografía).

Revolucionarios como Marcos Ana (Decidme cómo es un árbol), Alexander Berkman (Memorias de un anarquista en prisión) o Brendan Behan (Confesiones de un rebelde irlandés).

Vidas fascinantes como a de Aleister Crowley (Su satánica majestad), James Rhodes (Instrumental e Fugas) ou Ayaan Hirsi Ali (Mi vida, mi libertad).

Historias de personaxes menos coñecidos pero que dan moito para pensar, como Esther Tusquets (Habíamos ganado la guerra), Sara Maitland (Viaje al silencio), Mauro Colona (Fantasmas de piedra), Günther Anders (El piloto de Hiroshima), Jung Chang (Cisnes salvajes), Eva Schloss (Después de Auschwitz) ou Marceline Loridan-Ivens (Y tú no regresaste).

Personaxes históricos como Buffalo Bill (Tristeza de la tierra), Nelson Mandela (El factor humano) ou Rasputín (El diario secreto).

Pintores como William Blake (Un extraño en el paraíso) ou Frida Khalo (Frida Khalo: una biografía).

Escritoras como Jeanette Winterson (¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal?), Stefan Zweig (El mundo de ayer), Reinaldo Arenas (Antes que anochezca), Casanova (Los últimos años de Casanova), José Luis Sampedro (Sala de espera), Herman Hesse (Su vida y su obra), William Burroughs (Conversaciones privadas con un genio moderno), Pablo Neruda (Confieso que he vivido), George Sand (Historia de mi vida), Günter Grass (Pelando la cebolla) ou Antonio Machado (Ligero de equipaje).

Podes consultar a listaxe completa das biografías que vos propoñemos neste enlace ao catálogo.

*Photo by Bethany Laird on Unsplash


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s