Obradoiro de booktubers

obradoiro

Como xa vos tiñamos adiantado nun post anterior, hoxe celebramos na biblioteca un obradoiro de booktubers. Trátase dunha actividade coa que pretendemos fomentar esta práctica audiovisual e de animación á lectura, que tanto empurre está cobrando nas redes sociais e que conta con numerosa participación de mozos e mozas internautas.

Para iso contamos cunha nutrida representación de estudantes do IES Pino Manso, que viñeron á biblioteca a recibir formación teórica e práctica de todo o proceso creativo e audiovisual para facer os comentarios e as recomendacións de libros máis dinámicas para compartir no YouTube. Como formadores contamos co persoal da produtora creativa Illa Bufarda.

Cabe destacar que este obradoiro o fixemos tamén coa intención de promocionar a participación da mocidade porriñesa no concurso “O ollo de vidro“, no que este ano colaboramos, xunto coa Biblioteca Neira Vilas de Vigo ou o Festival de Cans.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s