Teatro infantil: Laranxus 7

laranxus7

Este xoves 22 de febreiro comezamos co ciclo de teatro infantil. A primeira representación será a de Laranxus 7, da compañía Avento.

A función orbita arredor de Verde, un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7. Leva unha vida do mais monótona e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar.  Cando o seu planeta é colonizado por uns malvados e horribles invasores, Verde, o noso protagonista, embárcase nunha fantástica viaxe na procura de axuda. A súa odisea levarao a coñecer distintas razas e lugares do universo que acabaran por cambiarlle a súa visión do mundo.

Laranxus 7 é un espectáculo de títeres dirixido a publico infantil (+ 3 anos de idade) no que se tratan temas como a ecoloxía, a tolerancia, a amizade e a solidariedade, creado para entreter e facer pasar un bo rato á rapazada e as nais e pais.

A representación será no auditorio ás 18:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s