Temos unha nova exposición no Recuncho da biblioteca. “A palabra chámase ela” fai un percorrido pola novela gráfica escrita por mulleres, que moitas veces pasa desapercibida para o gran público. Facemos un repaso polas principais autoras de cómic españolas e internacionais que temos na biblioteca, coa intención de visibilizar a autoría feminina.
Temos novela gráfica das imprescindibles Marjane Satrapi, Agustina Guerrera ou Jessica Abel. Tamén de Hélene Bruller, Purita Campos, Camille Jourdy ou Abouet coas súas novelas de Aya de Yopougon. Claire Bretécher e Peggy Adam co seu “Luchadoras”, Joanna Helegren e Mary M. Talbot. E tamén as obras de Julie Maroh, Cristina Durán e Gabriella Giandelli.
Coma sempre, podedes visitar a exposición do Recuncho no vestíbulo da biblioteca.