¿Queres sacarlle todo o partido á biblioteca? Pois inscríbete nas nosas sesións formativas para usuarios e usuarias. Aprenderás a usar a biblioteca en modo pro.
Este ano organizamos tres sesións formativas: os luns 5 de marzo, 28 de maio e 12 de novembro. Entre as 18:30 e as 20:00 horas, aprenderás todos os arcanos da biblioteca: como buscar e localizar libros e DVDS, a clasificación que empregamos, as grandes posibilidades que che ofrece o novo catálogo, o uso do teu espazo persoal online, os servizos da nosa páxina web… Información moi útil se es unha persoa usuaria activa das bibliotecas e queres gañar en autonomía e ter máis servizos á túa disposición.
Estas sesións están pensadas para grupos reducidos de persoas adultas (15 persoas), é necesario inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 986337624 , e teñen preferencia as persoas empadroadas no Porriño.
*Photo by rawpixel.com on Unsplash