Obradoiro de fotografía: nivel básico

obradoiros

Mañá día 2 de marzo comezamos cunha nova edición dos obradoiros de fotografía, neste caso cun novo grupo de nivel básico. O nivel básico (Nivel I) sirve para dar a coñecer o funcionamento básico dunha cámara réflex e ensinar técnicas básicas que permitan explotar a creatividade dos participantes.

Comenzamos os obradoiros fotográficos cunha edición do nivel básico

Estes obradoiros van dirixidos a poboación adulta interesada en iniciarse na fotografía dixital ou mellorar a técnica básica coa que contan. Todavía hai prazas dispoñibles, así que non o deixes pasar. O número de participantes é de 8 por grupo, sendo necesaria inscrición previa (presencial ou no teléfono 986337624) e ter a condición de socio/a da rede de bibliotecas de Galicia. As persoas empadroadas no Porriño terán preferencia sobre o resto, que se inscribirán na lista de agarda.

Este obradoiro está enmarcado no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño durante o 2018, con un programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entedelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.

Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.

 

*Photo by Stacey Rozells on Unsplash


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s