Obradoiro de fotografía: nivel medio

foto

O vindeiro venres 16 de marzo comezamos coa edición dun novo obradoiro de fotografía, nivel medio. Trátase do segundo grupo deste nivel que convocamos este ano, no que ensinamos o funcionamento dunha aplicación informática para realizar revelado dixital.

O nivel medio ensina o funcionamento dunha app informática para o revelado

Estes obradoiros van dirixidos a poboación adulta interesada en iniciarse na fotografía dixital ou mellorar a técnica básica coa que contan. Todavía hai prazas dispoñibles, así que non o deixes pasar. O número de participantes é de 8 por grupo, sendo necesaria inscrición previa (presencial ou no teléfono 986337624) e ter a condición de socio/a da rede de bibliotecas de Galicia. As persoas empadroadas no Porriño terán preferencia sobre o resto, que se inscribirán na lista de agarda.

Este obradoiro está enmarcado no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño durante o 2018, con un programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entedelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.

Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.

 

*Photo by Stacey Rozells on Unsplash


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s