Teatro infantil: Pavillón Lino

pavillon

Este xoves 22 de marzo levaremos a cabo a segunda sesión do noso ciclo de teatro infantil. Despois da actuación de Laranxus 7, da compañía Avento, o pasado febreiro, agora tócalle o turno á obra “Pavillón Lino”, da compañía de teatro Caramuxo.

“Pavillón Lino” é unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes: os auténticos autómatas; os monicreques de cachiporra; Monquina “A gorila bailarina” e como non, Charito de Mera e a súa pulga. Un espectáculo cunha coidada posta en escena para gozar en familia, que naceu no seu día para homenaxear ao desaparecido Pabellón Lino da Coruña, un espazo cultural de estética modernista dedicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cine, baile, títeres, cómicos, autómatas…

 

A representación está recomendada para maiores de 5 anos e será no auditorio da biblioteca ás 18:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s